CONTEXTO. GONZALO. TEMA 5. O deseño curricular base para as linguas estranxeiras (Diario e dosier)

O obxectivo desta publicación é comentar e reflexionar de forma crítica nos aspectos máis significativos das aulas da materia “As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional”. Dividiranse os contidos en tres bloques: preparación e descrición das sesións de clase, desenvolvemento de estratexias e actividades das sesións e papel do alumnado e do profesorado no aula.

Considero preciso destacar a enquisa previa que o docente pediu ao alumnado que cubrísemos antes de empezar coas sesións de clase, co obxectivo de coñecer o noso background e o que esperábamos da súa clase para así poder optimizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e adaptarse ao grupo aula na medida do posible. Esta paréceme unha maneira moi efectiva de coñecer en aspectos xerais as características do alumnado, sobre todo, no contexto no que nos atopamos, xa que é un máster cun grupo heteroxéneo con respecto a aspectos coma lingua estranxeira principal, a idade ou a experiencia laboral e que é necesario coñecer, debido a que se atopan estreitamente relacionados co desenvolvemento e os obxectivos da materia. As sesións dividíronse na súa maioría en intervalos curtos de tempo, cada un cunha actividade diferente e, de non ser así, en actividades máis longas pero interactivas, o que axudou ao alumnado e ao profesorado a manter á atención e render mellor nunha clase longa, como é esta, de catro horas, e cuns temarios tan densos como son a lexislación e o currículo. Por outra parte, os recursos TIC, isto é, o proxector, o Power Point e diversas plataformas docentes, foron utilizados en gran medida fronte a recursos máis tradicionais, o que fixo a clase máis dinámica, interactiva e amena. Ademáis, isto axudounos coa competencia dixital, xa que coñecemos e aprendemos a utilizar as distintas plataformas que o docente utilizaba tales como WooclapDrive ou Kahoot, as cales nos servirán nun futuro coa docencia, a conectar máis co alumnado e a súa maneira de aprender debido a que este será maiormente nativo das tecnoloxías.


 

Atopamos poucas ou ningunha sesión maxistral per se, isto é, as explicacións danse mediante pequenas pílulas acompañadas dun Power Point, mais, na súa maioría, a teoría dáse en forma de práctica tanto en actividades individuais como grupais. Con respecto ás actividades tratadas no aula, foron dinámicas e cooperativas. Fixéronse traballos que consisten en dividir a clase en grupos e así mesmo en dividir os currículos de secundaria e bacharelato e da EOI en distintas partes que o alumado analizou seguindo determinados contidos ou directrices, co fin de elaborar unha presentación para posteriormente expoñelo en voz alta. Desta forma, o alumnado explícanse mutuamente o temario, sempre guiado polo profesorado, quen monitoriza en tempo real o progreso dos grupos e fai recomendacións ou pequenas correccións. Outra estratexia consistiu en partir dos saberes previos de cada estudante, o que optimiza a construción o coñecemento. Con este obxectivo, fixéronse unha serie de actividades sobre temas que o alumnado xa coñecera na súa maioría, doutras materias do máster e que debía recuperar da súa memoria e responder. O docente levou a cabo outra estratexia que consistiu en construír e activar o coñecemento sen previa explicación de forma cooperativa e colectivizada entre todos os compañeiros e compañeiras mediante un exercicio de Kahoot. Outras actividades destacables foron, en primeiro lugar, un debate piramidal que consistiu en definir un currículo en pequenos grupos, isto é, facíase un debate, chegábase a un acordo cada vez en grupos máis grandes ata que o grupo aula enteiro tivese unha resposta unánime, e en segundo lugar, unha actividade de Think, pare and share na que primeiro reflexionamos nos mesmos e mesmas sobre o tema, logo compartiuse en parellas e logo co resto da clase.

 


                Así, o alumnado foi axente do seu propio aprendizaxe. Este participou de forma activa na aula e xogou un papel protagonista no proceso de ensinanza-aprendizaxe. O docente supervisaba en todo momento as actividades propostas, pero actuaba en segundo plano, favorecendo a autonomía do alumnado. Ademais, tívose en conta en todo momento as opinións e as inquietudes do alumnado. O docente fixo varios exercicios con preguntas para comprobar qué opinaba o alumnado da metodoloxía e as estratexias utilizadas. Un exemplo desta estratexia, foi un cuestionario no que o alumnado debía responder qué tres cousas aprendera e pedir un desexo. Por outro lado, levouse a cabo unha avaliación formativa durante o proceso, isto é, o alumnado ía comentando e reflexionando sobre cada unha das actividades, centrándose tanto nos puntos fortes coma nos débiles e así identificando as dificultades para intentar mellorar. Así mesmo, o alumnado tivo a oportunidade de levar a cabo unha coavaliación conxunta, isto é, un grupo de alumnos e alumnas tiña que avaliar a outro grupo e viceversa mediante unha rúbrica proposta polo profesor e logo, con esa mesma rúbrica, autoavaliarse. Estes aspectos teñen como finalidade que o estudantado sexa responsable e tome conciencia do proceso de aprendizaxe. O aspecto curioso que se debe mencionar, foi cómo todos nos avaliábamos a nos mesmos e mesmas máis baixo do que nos avaliaban os compañeiros e compañeiras, que ofrecían críticas construtivas e respetuosas para mellorar, sempre tendo en conta que o importante non era a calificación (nota numérica) senón a avaliación (críticas construtivas) o que producía esa mellora. Este proceso ten moita importancia, como xa amosaron diversos estudos, axudou a desenvolver competencias como a comunicación, a cooperación, a igualdade e o respecto que favoreceu as relacións interpersoais e a libre expresión dentro da aula. 

Como conclusión, as sesións de clase leváronse a cabo de forma innovadora e o papel do alumnado foi en todo momento un papel protagonista no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Desta forma, fixéronse actividades maiormente prácticas e cooperativas apoiadas nas TIC, o que desenvolveu as sesións de forma amena e participativa por parte tanto do profesorado como do alumnado.

Comentarios

  1. Ola, Laura:
    Para empezar, gústame moito o organizada que está a túa entrada, é moi doada de ler. Tamén me pareceron interesantes certos apuntes que fixeches. Sobre todo o da enquisa previa. Penso que, se nalgún momento chegamos a ser profesores de ESO, BAC, FP ou EOI teremos tempo para coñecer o alumnado en cuestión. Porén, como ben dixeches estamos nun contexto educativo no que as sesións avanzan moi rápido, e paréceme algo que lle dá contexto ao profesor para traballar con nós e que, a min polo menos, deume sensación de máis interacción e preocupación polo docente, así que xenial.

    Tamén creo que é moi interesante a observación sobre como nós somos moito máis duros co noso traballo que os demáis. Estou seguro que, se o alumnado ten a oportunidade de realizar coavaliacións, atopará moitas críticas construtivas e así pódese crear unha contorna moi agradable na clase.

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Laura! Me encanta la estructura que has seguido y lo bien explicadas que están las actividades realizadas en clase y los contenidos que se han tratado. Estoy de acuerdo contigo en cuanto a la gran utilidad de la encuesta previa que nos mandaron cubrir. Considero que es de vital importancia conocer ese background y muestra un interés total por parte del docente, lo cual se valora positivamente. Da la impresión de que se muestra interesado por conocer cuáles son nuestras flaquezas, nuestros puntos fuertes y nuestros propios intereses respecto a la materia. Aspecto que todo docente debería poseer bajo mi humilde opinión. También estoy de acuerdo contigo en que los recursos TIC empleados en las sesiones requeridas para el tema 5 contribuyeron favorablemente a la realización de un mayor dinamismo y aprendizaje activo. Pienso que contribuyó a que las clases fueran más amenas y no tan monótonas a pesar de estar tratando contenido que con solo clase magistral podría resultarnos muy pesado y difícil de digerir.

    Asimismo, mencionas la coevaluación, aspecto que me pareció muy interesante también dado que considero que es una forma de aprender todos de todos y de ayudarnos unos a otros a mejorar nuestros puntos débiles, fomentando así el compañerismo y dejando de lado la competitividad en el aula por ver “quién lo hace mejor” o “quién saca la nota más alta”.

    ¡Muchas gracias por tu entrada!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario